“Unha tarde no Muíño” é un proxecto de programa de radio da ASC MUÍÑO DO VENTO-CANIDO. Este proxecto radiofónico ten como obxectivo fundamental espallar, dende RADIO FILISPÍN (93.9), cultura e solidariedade, cerne da programación de actividades da ASC MUÍÑO DO VENTO.
Como eixo vertebrador das nosas programacións radiofónicas estarán as actividades que Muíño do Vento ven desenvolvendo ao longo do ano, e tendo o galego como idioma a empregar, tal como consta nos Estatutos da Asociación.
En principio as emisións en directo de “Unha tarde no Muíño” serán os luns ás 18:00 horas e en diferido os venres á 1:00 da madrugada e os sábados ás 12:00 horas. Terán unha duración de 55 minutos, e unha periodicidade quincenal nun formato magazine que incluirá dende información local, nomeadamente relativa ao barrio de Canido, ata tertulias, debates, exposicións temáticas, teatro radiado….
A equipa técnica está formada por:
Dirección e presentación: César Pita.
Controis técnicos: Pepa Hevia, Mª José Ballesteros, Rafa Rodríguez e Xaime Rei.
Programa | Data | Fotos |
Unha tarde no Muíño – Programa 1 | 25/09/2017 | Galería 1 |
Unha tarde no Muíño – Programa 2 | 09/10/2017 | Galería 2 |
Unha tarde no Muíño – Programa 3 | 23/10/2017 | Galería 3 |
Unha tarde no Muíño – Programa 4 | 06/11/2017 | Galería 4 |
Unha tarde no Muíño – Programa 5 | 20/11/2017 | Galería 5 |
Unha tarde no Muíño – Programa 6 | 04/12/2017 | Galería 6 |
Unha tarde no Muíño – Programa 7 | 18/12/2017 | Galería 7 |
Unha tarde no Muíño – Programa 8 | 08/01/2018 | Galería 8 |
Unha tarde no Muíño – Programa 9 | 22/01/2018 | Galería 9 |
Unha tarde no Muíño – Programa 10 | 05/02/2018 | Galería 10 |
Unha tarde no Muíño – Programa 11 | 19/02/2018 | Galería 11 |
Unha tarde no Muíño – Programa 12 | 12/03/2018 | Galería 12 |