Radio039

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 39. LUNS 18 FEBREIRO 2019

Roberto Taboada  na súa sección Noticias do Barrio Alto amosa a súas inquedanzas sobre a seguridade viaria, nomeadamente a peonil. Reunión con representantes da policía Local que asumen as peticións.. Anuncio de próximas xuntanzas cos representantes dos partidos políticos que van participar nas vindeiras eleccións municipais.

Roberto da resposta  á carta recibida en Polo correo do Vento solicitando información sobre un posible Centro de Día para maiores. A resposta de Roberto vai no sentido de reconducir os usos da antiga Residencia de Suboficiais, agora infrautilizada e que podería reconverterse entre outras funcións, neste solicitado Centro de Día de Maiores..

Viviana Fernández participa en Vivo, penso e declaro.

Lembranza de Nicolas Quintreman e a súa  loita a prol do pobo Mapuche.

Rafa Rodríguez en Outra Información é posible comenta noticias sobre o Ensino Concertado, a importancia dos Orzamentos Estatais, a chegada de Guaidó ao poder en Venezuela,…da necesidade de participar individual e colectivamente pensando localmente e actuando globalmente.

Camilo Casal no seu Obradoiro medioambiental reflexiona sobre a hipoteca de futuro ao que nos leva o súper consumismo no que estamos mergullados. Como alternativa a necesidade de darlle un cambio ao consumo irreflexivo e suicida, presenta como alternativa a Economía Circular.

Despedida con Valtonni e o seu manifesto dende Bella Ciao.

PROGRAMA COMPLETO