Homenaxe a Alejandro Porto Leis: último alcalde republicano do Concello de Serantes
O día 17 de marzo tivo lugar unha homenaxe a Alejandro Porto Leis, último alcalde republicano do concello de Serantes.
Os actos consistiron nunha ofrenda floral no monólito colocado, na súa honra, diante do edificio que acollía a Casa do Concello, e a presentación -no local da Asociación de Veciños- do libro de Paulino Gasalla Aller Alejandro Porto Leis: Un alcalde para o pobo en tempos escuros. César Pita no nome de Muíño do Vento; o historiador Guillermo Llorca; Álvaro Montes, concelleiro do concello de Ferrol e Paulino Gasalla, autor do libro, participaron na mesa da presentación. Dúas fillas e outros familiares do homenaxeado estiveron presentes nesta xornada, onde tamén se rendeu tributo a Avelino Landeira Maneiros, Jesús Miño Lourido e Modesto del Río Polo, que pagaron coas súas vidas por intentar protexer ao amigo.
GALERIA DE FOTOS