Conferencia   “IDE BRUXAS E CURUXAS….. QUE É A NOITE DE SAN XOÁN” por Luís Antonio Giadás Álvarez

O pasado 20 de Xuño, o profesor, investigador e conferenciante Luís Antonio Giadás Álvarez ofreceunos unha moi interesante conferencia sobre a noite de San Xoán.

Falounos sobre a súa orixe pagá, de cómo o cristianismo se apropiou deste ritual de lume e de cómo está estendido por toda Europa. Aportou tamén exemplos da súa celebración na Costa da Morte e en Ferrolterra.

As fogueiras de San Xoán de sempre atraeron a atención dos escritores, e o profesor Giadás compartiu con nos algúns textos da obra de Lope de Vega e de Eduardo Pondal.

Fixo unha moi interesante e detallada exposición sobre o costume de recoller, na véspera de San Xoán, plantas aromáticas e medicinais. A orixe desta tradición e as propiedades das diversas herbas de San Xoán.

Rematou a conferencia cun poema de Eduardo Pondal, O Bardo de Bergantiños, que recolle o espírito da Noite de San Xoán, exorcizando ás meigas e enumerando as herbas medicinais ou aromáticas que se botan ao resío desa noite para a mañá seguinte lavarse a cara con esa auga aromatizada.

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *