Suxestións

Muíño do Vento é plenamente consciente de que, o mesmo que nos resultan moi valiosas as diversas colaboracións que nos vaian chegando coa intención de enriquecer e facer máis plural o noso proxecto asociativo, tamén desexamos recibir as vosas suxestións, xa sexan materializadas en ideas para potenciar a nosa mellora, como se de críticas se trata. En calquera caso, as mulleres e homes que integramos Muíño do Vento recibiremos con agrado as vosas achegas, que podedes remitir ao correo electrónico canido@muinhodovento.gal.