Antropoloxía, megalitismo, arte rupestre e arqueoastronomía no monte de San Antón-Irixoa
Segunda charla sobre arqueoloxía impartida o día 14 de xuño por Ángel Gilberto Martínez Seoane na Sociedade Galega de Historia Natural.
O monte de San Antón, en Irixoa (Terra das Mariñas-A Coruña), e o seu redor inmediato, ofrecen diversos indicadores culturais na concepción dun lugar sacro, mítico e poboado polo ser humano polo menos desde tempos do megalitismo na prehistoria de occidente, que perduran na actualidade: necrópole tumular, petróglifos, a ermida coñecida xeralmente como de San Cosme, a Pena Purreira coas «Pisadas do cabalo de Santiago»… Un lugar tamén de nacementos fluviais, de paso do Camiño Real, de corredoiras e de castros, que amosa no seu empholos xeográfico a inédita pedrafita-menhir do monte de San Antón ou «Pedrafita de San Cosme de Mántaras», a primeira pedrafita localizada no actual solo galego con marcaxe solsticial da Invernía.
Un emprazamento de rituais atávicos e ancestrais, que pode argumentar, polo menos a modo de hipótese, o devir social, económico e relixioso de diferentes sociedades asentadas no lugar desde a nosa prehistoria.