Aforro e eficiencia enerxética: conferencia de Camilo Casal García
O 2 de marzo, o noso local social acolleu unha charla de Camilo Casal García sobre Aforro e Eficiencia enerxética.
Camilo Casal, profesor de instituto xubilado e experto e divulgador de temas medioambientais, ilustrounos sobre este tema, necesario para minimizar o efecto estufa -que xulgou irreversible- tanto polas accións que pode levar a cabo a cidadanía, como as que deberían tomar os gobernos, sobre todo nun caso coma o do Estado español, cunha dependencia dos combustibles fósiles vinte puntos por riba da media europea e a penalización do autoconsumo. O feito de que a nosa sociedade sexa enerxeticamente ineficiente, e de que cada día aumente o gasto enerxético, fai necesaria unha especial sensibilización, obxectivo desta charla.