Preguntas frecuentes

Que persoas poden ser socias ou colaboradoras?

Aínda que Muíño do Vento é unha asociación do barrio ferrolán de Canido, calquera persoa que queira colaborar na mellora do barrio pódese facer socia ou, simplemente, colaboradora, independentemente da súa procedencia ou do lugar onde resida.

Como fago para ser socio/a?

Só tes que cubrir a ficha de alta como socio/a, que se atopa premendo en «Asóciate«, na cabeceira da páxina, e unha vez asinada, escaneala e remítea ao enderezo electrónico canido@muinhodovento.gal  ou ben imprimires a ficha e entregala no noso local, de luns a xoves de 18:oo a 20:ooh, na rúa Poeta Pérez Parallé, Centro Cívico Canido s/n. Tamén podes enviar a ficha a través do correo ordinario á dirección  rúa Poeta Pérez Parallé, Centro Cívico  Canido s/n 15401 Ferrol.

Como fago para ser colaborador/a?

Só tes que cubrir o formulario de contacto que se atopa na pestana de «contactos», no menú principal.

Pódese colaborar en calquera das áreas?

Calquera persoa pode colaborar na área que máis lle guste ou que se adapte ás súas cualidades. Cada área está formada por un número indeterminado de persoas que están coordinadas por un responsábel de área que é vogal da Xunta Directiva.

Que cota hai que pagar para ser socio/a?

A cota é de 1,66€ ao mes (20€/ano).

Como e onde se paga a cota?

A cota farase efectiva anualmente (20€), nun só pagamento, no mes de xaneiro. Poderase facer a través de domiciliación bancaria ou en efectivo no noso local de luns a venres de 18:00 a 20:00h.

As persoas socias ou colaboradoras poden propór a creación de novas áreas e/ou actividades?

Todos os socios/as ou colaboradores/as poden propór cambios na estrutura da Asociación. Estas propostas serán estudadas e debatidas pola Xunta Directiva.