Radio046

UNHA TARDE NO MUÍÑO 

PROGRAMA 46. LUNS 8 ABRIL 2019

Roberto Taboada na súa sección noticias do Barrio Alto/Canido fai avaliación do Pacha Kucha que tivo lugar o pasado venres. Posterior anuncio do mercado popular a celebrar o vindeiro domingo.

En Polo Correo do Vento, aviso do acto de entrega do I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil “ Muíño do Vento”.

Lembranza do compositor cedeirés  Rogelio de Leonardo Bouza, escoitando o valse Na robaleira.

Camilo Casal foi prólogo da súa sección falando da urxencia de tomar conciencia ecolóxica, nomeadamente no referente ao cambio climático. Logo fai resumo de anteriores emisións que dedicou a falar do uso de contedores. Completa hoxe, esta información de uso de contedores con información do colector orgánico e tamén do chamado quinto colector. Aviso de información medioambiental no Centro Cívico de Canido.

Ferrol tralas eleccións do 31 foi o tema presentado polos historiadores de Ferrolterra Antiga. Empezan a exposición facendo estudio dos antecedentes sociais e políticos dende o ano 1900 ata o ano 1931. Organizacións, movementos sociais, política, personaxes…Intentos de proclamación da República anteriores ao 31 .Proclamación da República en Ferrol con grande entusiasmo popular e con ausencia de incidentes salvo o dos irmáns Sanjurjo. Crónicas xornalísticas que informan das grandes manifestacións populares e obreiras.

O Teatro II República foi o tema que Chus Prieto e Marisol Seoane, desenvolveron dende a súa sección Teatro do Muíño. Plantexamento das distintas iniciativas levadas a cabo para achegar a cultura ao pobo durante a II República. A arte ao servizo das clases populares. O teatro popular, A Barraca, El Buho, Teatro de guiñol. E lembranza da figura de Federico García Lorca e a súa defensa do teatro como axente transformador da sociedade. Remate desta sección con Información da programación teatral na contorna de Ferrolterra.

Despedida con Leonad Cohen e o Pequeño vals vienés.

PROGRAMA COMPLETO