Radio052

 UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 52. LUNS 3 XUÑO 2019

Comeza o programa coa entrevista que Keny Rocha e Charo Rocha fan ao escritor Antonio Yáñez. Entrevista centrada  na súa meirande parte no labor teatral do entrevistado. Continuación con informe que Chus Prieto fai das actividades teatrais  que se van realizar nos vindeiros días en Ferrolterra.

Rafa Rodríguez na sección Outro mundo é posible, presenta e entrevista a Ana Díaz e a Francisco Díaz, psicólogos clínicos de ASPANEPS. A Atención psicosocial na infancia foi o cerne da entrevista.  

Santiago de la Iglesia. Ponte entre dúas Repúblicas foi o título da exposición feita no Obradoiro de Historia  por Antonio Casal, compoñente da AC Ferrolterra Antiga.

Na sección Noticias do Barrio Alto-Canido, José Matín Saráchaga fai balance económico das actividades dos Maios. A continuación presenta futuras actividades, facendo un chamamento á participación na vindeira festa de San Xoán.

Remate con Vitorino e a alentexana Vóume embora.

PROGRAMA COMPLETO