UNHA TARDE NO MUÍÑO.
PROGRAMA 73. Luns 3 febreiro 2018.
Comezo do programa con Centro de Gravidade e presentación de convidados para logo dar paso as distintas seccións.
– Outra información é posible. Por Rafa Aguirrebengoa. Exposición arredor do salario mínimo, Ipren, convenios e Renda Básica.
– Migrantes climáticos ou medioambientais. Por Camilo Casal. Avaliación final da Cimeira de Madrid para dar inicio á nova proposta definindo e vendo motivos das migracións climáticas.
– Conversa con Isabel Carballeira, traballadora na Sanidade Pública. Presentación, condicións laborais, plantillas á baixa,atención aos pacientes,…necesidade de organización e loita na defensa da Sanidade Pública.
– Conexión Tokio- Ferrol. Esther Rivera entrevista a Abel Alves, mangaka ferrolán. Definición e novas propostas.O manga en Galicia.
– Debates abertos en economía.Joaquín Enríquez presenta a Félix Puime (Doutor en Económicas e Profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC) para falar do Brexit. Análise de causas e consecuencias.O Brexit e a pesca galega.
– Polo Correo do Vento. Por Rafa Rodríguez. Información sobre a proposta, “O fado.Mitos e ritos.”
– Noticias do Barrio Alto- Canido. Por Roberto Taboada. Referencia as obras que están facéndose no Barrio, novas liñas de autobús,…
Despedida con Dudamel e a Orquestra Juventud Venezolana Simón Bolivar.
PROGRAMA COMPLETO