Radio032

UNHA TARDE NO MUIÑO

PROGRAMA 32 .LUNS 10 DECEMBRO 2018.

Comezo do programa coa entrevista que Roberto Taboada fai a Fran e Mallet, estudantes que traballan en Xerazón, entidade que realiza proxectos de mobilidade e intercambio xuvenil en toda Europa.

En Polo correo do Vento, preséntanse as vindeiras actividades de Muíño do Vento. Exposición Pedro Guimarey, Encontro cos libros.

Rafa Aguirrebengoa na sección Outra Información é posible partindo da celebración do Día Internacional dos dereitos Humanos fai unha análise sobre a evolución que está tendo a actuación do novo Goberno do Reino de España. Comentario  con datos obxectivos sobre a situación dos emigrantes e os posicionamentos dos Partidos sobre a chegada destes emigrantes. Comentario sobre a situación dos presos cataláns . E informacións sobre mobilizacións en Ferrol e Madrid.

Paula Iglesias participa no Vivo ,penso e declaro.

No Obradoiro medioambiental, Camilo Casal explica os conceptos que rexen o prezo da Tarifa eléctrica, formas de contratación máis axeitadas , discriminación horaria, impostos aplicados e custos regulados….

Despedida con música de Michoacán e saúdos con desexos de venturosa singradura para o pobo mexicano.

PROGRAMA COMPLETO