UNHA TARDE NO MUÍÑO.
Programa 66. Luns 9 Decembro, 2019
Comezo do programa con Debate aberto en economía. Desenvolvemento sostido por alumnado da UDC, Grao Moda, Proxecto ApS. Joaquín Enríquez entrevista a Carla Campos e a Paula Alonso.
Obradoiro mediambietal. Obesidade e saúde. Parámetros para definir a primeira por Camilo Casal. Logo dunha viaxe a fonoteca para lembrar o que Camilo Casal xa presentou tempo atrás sobre Cambio Climático, pasouse a unha entrevista sobre estilo de vida, obesidade e saúde,… que terá continuidade noutra sesión.
Outra información é posible, por Rafa Aguirrebengoa. Repaso a noticias enviadas por Julio Betegón e paso ao relato sobre o concepto de antinomía, elemento irresoluble dentro do sistema. Antinomías dentro do sistema Capitalista.
Charla con Loli Cartelle e Andres Prieto, Vicepresidenta e Secretario da Sociedade Recreativa Canido. Análise da situación de cambio que se está dando na Sociedade Canido, percorrido histórico, propostas de futuro, a dinámica na Interbarrial…e desexos de longa vida a Sociedade Recreativa Canido.
Conexión Tokio- Ferrol. Xapón un Pais de supersticións por Esther Rivera. Exposición das supersticións inxeridas nun Pais de grandes tradicións.
Na defensa do noso Patrimonio. A música de Manuel Quiroga por Lucinio Medel. Biografía, perfil artístico, recoñecemento mundial, relación coas Irmandades da fala, enfermidade …
Noticias do Barrio Alto-Canido por Roberto Taboada. Lembranza para o veciño falecido esta pasada semana no abandono. E pase a denunciar o estado de vivendas que podendo facer un uso social, por intereses incomprensibles ou desleixo inmoral están víndose abaixo. E continuación con saúdos á Sociedade Recreativa Canido, referencias as xestións de Hoscompro, alumeado, cabalgata…axenda de actividades.
Achegamento a figura da activista GretaThumberg e despedida de programa cun recoñecemento a Kepa Junkera.
PROGRAMA COMPLETO