Radio041

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 41. LUNS 4 MARZO 2019

Roberto  Taboada fai relación das actividades desenvolvidas na semana arredor do Entroido. Anuncia batukadas, rondallas e sesión de baile infantil.  Contesta Roberto as peticións, feitas en entrevistas pola rúas de Canido sobre escolma e reciclaxe dos RSU .

Rafa Aguirrebengoa en Outra información é posible comenta a pasada manifestación feminista de Lugo. Pasa logo a amosar as distintas concepcións do “feminismoadxectivado”. Informacións e interpretacións sobre o 10M e a situación do mundo do traballo neste momento de continuo dominio do capitalismo. Aviso de manifestación en Santiago en defensa das Pensións.

Esther Rivera participa en Vivo, penso e declaro.

Camilo Casal fai síntese do concepto de Economía Circular e vai expoñendo exemplos de aplicación, xa feitas, dende o sector primario galego. Trátase de crear produtos con alto valor engadido aplicando o sistema de Economía Circular aproveitando o que agora vai ao lixo.

Comenta tamén a necesidade de compromiso mútuo entre Administración e Cidadanía para un compromiso de boa utilización de contedores e recollida de RSU.

Despedida con Mercedes Sosa e Beth Carvalho.

PROGRAMA COMPLETO