Radio054

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 54.LUNS 17 XUÑO 2019

Comezo do programa cunha curta referencia biográfica e con música de M.Makeba. Continuidade con Noticias do Barrio Alto/Canido. Nesta sección Jose M.Saráchaga informa do balance económico anual, da Festa de San Xoán e do fin de actividades e festa de Fin de Curso.

Música de Leci Brandao e paso a Rafa Rodríguez que na sección Outro mundo é posible, lembra a persoas e Entidades que pasaron por esta sección e como remate de curso entrevista ao representante doutra Entidade do barrio, a Asociación Veciñal. Pasado, presente e futuro ,metodoloxía de traballo, eivas e logros. A salientar a proposta de continuidade a longo prazo, reflectida no documento Canido 20-30.

Chus Prieto ,Teatro do Muíño, entrevista a Chus, Marisol e Dalia, que fan  avaliación e balance de actividades desenvolvidas este curso. E para remate de sección, información de actividades teatrais que van desenvolverse en Ferrolterra.

Os historiadores da AC Ferrolterra Antiga tamén desenvolveron a súa sección a xeito de remate de curso. Referencias as proposta presentadas quincenalmente, así como aos traballos de preparación de cada unha destas propostas.

Lembranza de Marta Harnecker e despedida con Mercedes Sosa cantando Bella Ciao.

PROGRAMA COMPLETO