Radio 067

UNHA TARDE NO MUÍÑO,
PROGRAMA 67. LUNS 16 DECEMBRO 2019.

Debates abertos en Economía.”Economía Ecolóxica”.Por Aitana Rodas Casal, Alicia García Regueira e Danil Miras alumnado da UDC, Grao Moda, Proxecto ApS. Entrevista realizada por Joaquín Enríquez.

“Valor das Alamedas Ilustradas de Ferrol pola súa posición no mundo dentro da historia da Cultura”.Por Maria J. Leira Ambròs Comentario sobre a nova plantación de árbores na Praza de Armas , sobre as árbores de Nadal e paso a desenvolver a proposta. Lembranza de Anxeles Albariño.

Unha ollada sociolóxica. “Sorrí ou morre.A trampa do pensamento positivo”. Por Celia Fernández Alvariño. Seguindo as teorías de Bárbara Ehrenreich, definición do concepto, ideoloxía que agocha, o negocio da motivación, a necesidade de frear estas propostas…

“O Apalpador. Once anos vindo dende O Courel”.Por Historiadores da AC Ferrolterra Antiga que entrevistan a Bruno Lopes  da Fundaçom Artábria.Propostas e razóns que fixeron revitalizar a figura do Apalpador.
“Xosé M. Peréz Paralle, anacos da súa vida e obra”.Por Marisol Seoane e Chus García (Teatro do Muíño).Biografía e recitado de poemas.

Outro mundo é posible. “ Un día no Centro de Menores Ferrol 1”. Rafa Rodríguez con Manoli Anidos e Marina Guerra( Educadoras Sociais). Entrevista sobre a situación presente e futuro deste Centro

Noticias do Barrio Alto- Canido. Por Roberto  Taboada. Referencias ao  novo aparcadoiro e a súa posta en funcionamento. Información sobre actividades a desenvolver.

Despedida mirando ao Sur coa canción Corsicae.

PROGRAMA COMPLETO