Radio 078

UNHA TARDE NO MUÍÑO

 Programa 78. Luns 9 marzo 2020

– V Encontro de Coros Infantís e Xuvenís. Por Irene López Caaveiro, Aldara Diéguez Sánchez, Sara Diéguez Sánchez, Daniel Ardao Ríos, Lucía Toval Bacelo. Información do Encontro feito polos compoñentes dos distintos Coros participantes.Saúdo desde Lugo.

– O negocio do medo. Por Celía Fernández (Unha ollada sociolóxica).Sen negar a necesidade de atención a actualidade e perigosidade do Coronavirus, faise lembranza de situación pasadas (Vacas loucas, Aviar…) e as alarmas xeradas .Información sobre negocios feitos arredor destas crises.

– Crianzas para unha nova Sociedade. Por Lidia Pena, Esther Estévez, Marisol Seoane do Teatro do Muíño. A escola da Semente, un proxecto de renovación educativa por Lidia Pena. De seguido Marisol Seoane e Esther Estévez presentan as dramatizacións como ferramenta para o cambio pola igualdade. Lectura do conto O País dos mandóns

– Muller e xénero na historia de Ferrol. Conversa dos historiadores da AC Ferrolterra Antiga con Manuela Santalla. Percorrido pola Historia da cidade con lembranzas das moitas mulleres sobranceiras na loita pola dignificación e igualdade de xénero.

– A coeducación no ensino audiovisual. Por Elena Pérez. Análise da oferta audiovisual e necesidade de cambio nas programacións audiovisuais.

– Está normalizada a Violencia de xénero? Rafa Rodríguez (Outro mundo é posible) conversa con Coca López Díaz, psicóloga de ALMAT (Asociaciòn para a loita contra os malos tratos).Presentación de ALMAT, análise da grave problemática actual da violencia de xénero e posibilidade de achegarse a asociación como ALMAT

– Noticias do Barrio Alto- Canido. Por Roberto Taboada. Comezo das charlas coa fundación Ingada.

Despedida con Nao interpretando o poema de Rosalía, A xustiza pola man.

PROGRAMA COMPLETO