Radio057

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 57. LUNS 23 SETEMBRO 2017

 

Rafa Rodríguez na súa sección Outro mundo é posible establece unha tertulia con José Ramón Rodríguez, Presidente da SDR Canido, tamén con Daniel Rodríguez, Ismael Picallo e Andrés Prieto. Tertulia arredor do pasado, presente e sobre todo futuro do Canido Centenario.

Roberto Taboada informa en Noticias do Barrio Alto-Canido de actividades e programacións .Tamén informa do posicionamento que ten  a Asociación Veciñal sobre o  proxecto de aparcadoiro en Canido.

Celia Fernández, na súa sección Unha ollada sociolóxica presenta Cidadán Kane de nova xerazón. Un título para planificar unha visión actualizada do funcionamento dos medios de comunicación. Hai hoxe información libre? Hai un xornalismo subvencionado? Funcionan os medios de comunicación como efectivos medios de control? Información e negocio…

Marisol Seoane e Charo Rocha na súa sección Teatro do Muíño, fan un Achegamento aos principios do Teatro, para a continuación presentar a programación de actividades teatrais da contorna de Ferrol.

Os Historiadores de Ferrolterra Antiga, Antonio Casal, Rubén Labisbal, Manuel Pita  traen como convidada a Loreto de Castro para desenvolver a proposta Letras de homenaxe, datas de lembranza. Carvalho, perspectivas e propostas nun contexto favorable?. Debate e entrevista sobre Don Ricardo Carvalho.

E despedida co Home do piano.

PROGRAMA COMPLETO