Radio059

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 59. LUNS 7 OUTUBRO 2019

 

Rafa Rodríguez na súa sección Outro mundo é posible entrevista a Sari Alabau e a Xaquín Bouza  representantes de ASFEDRO. Entrevista que logo da presentación destes representantes pasa a facer historia desta Asociación. Historia dunha loita inicial de moitísimas dificultades. fitos importantes e actualidade desta Comunidade que pasa por atención de arredor de mil cento setenta e tres persoas, e por actualizacións permanente tendo en conta o actual contexto social. Problemas de financiación, Convenios, e propostas de futuro centrando no programa Infodrogas.

Celia Fernández  na súa sección Unha ollada sociolóxica presenta  Consecuencias sociais dos procesos de desindustrialización. Definición, crise demográfica, consecuencias económicas, manifestacións políticas, manifestacións emocionais, fracasos de ZUR e ZID. No fondo…Ferrol.

Esther Val, Teatro do Muíño, desenvolve a súa intervención sobre as posibilidades do Teatro como terapia. Teatroterapia dentro do auto coñecemento persoal e o teatro como superación de problemas.Teatro e neuroloxía e as propostas médicas de achegamento a arte para a superación de realidades emocionais. O teatro como ferramenta para superar as propostas domesticadoras que limitan a creatividade.E o teatro terapéutico eliminador de barreiras e liberador de roles. Remate da sección con información sobre actividades teatrais na contorna de Ferrol.

Os Historiadores de Ferrolterra Antiga Antonio Casal e Rubén Labisbal  entrevistan a José Luís Casteleiro  que vai facer presentación do seu libro Mitos e lendas da Galiza máxicas. Percorrido polas lendas, mitoloxía e o mundo inmaterial da nosa cultura. Importancia deste mundo para a cultura galega e a necesidade da súa defensa.

Roberto Taboada fai resumo das actividades de fin de semana arredor de música e literatura. Mobiliario para o parque Antón Varela e aviso de entrevista co Alcalde para tratar temas que atinxen ao Barrio.

 Anuncio da convocatoria da segunda edición do Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento e actividade de presentación do libro Guía para non perderse en política  de Manuel Monge.

Despedida coa Lavandeira da noite.

PROGRAMA COMPLETO