Radio037

UNHA TARDE NO MUÍÑO 

PROGRAMA 37. LUNS 28 DE XANEIRO DE 2019

Roberto Taboada  na sección Noticias do barrio Alto fai resumo das actividades que se están a desenvolver no Centro Cívico.
Marisol Seoane en Polo correo do Vento da lectura a unha carta en defensa da Sanidade Pública.
Rafa Aguirrebengoa en Outra información é posible, fala da situación de Venezuela e países sistematicamente intervidos. Pasa a expoñer a folga encuberta da sanidade e logo dos movementos en defensa das Pensións Públicas.
Gloria Cruz Bao participa en Vivo, penso e declaro.
Camilo Casal no Obradoiro Medioambiental continúa a súa exposición sobre a necesaria transformación e renovación de enerxías cara ao seu abaratamento.
E despedida co Peque Coro cantando a Ronda do soldadinho.

PROGRAMA COMPLETO