RADIO 070

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 70. LUNS 13 XANEIRO 2020.

 

Sintonía, presentación de participantes neste programa 70 e comezo.

– Economía postkeynesiana. A profesora Laura Varela entrevista a Sara Gestal e a Clara Gálvez, alumnas da UDC, Grao Moda. Proxecto ApS.

– Unha ollada sociolóxica. Celia Fernández entrevista ao escritor e profesor de Socioloxía na Universidade Pablo Olavide, Enrique Martín Criado.Entrevista que xira sobre as relación entre o desemprego, posición social  e nivel académico.

– Ilusión e frustración.O trienio liberal en Ferrol. Por  Rubén Labisbal, Antonio Casal, Manuel Pita (Historiadores da AC Ferrolterra Antiga). Partindo do “Trágala”, os historiadores fan un achegamento a este momento histórico analizando causas xerais e plasmación deste movemento en Ferrol.

– O Teatro afeccionado na Comarca de Ferrolterra. Por Chus Prieto e Marisol Seoane (Teatro do Muíño).Definición, historia do teatro afeccionado e  chamamento á realización dunha investigación rigorosa desta manifestación cultural.

– Outro mundo é posible. “Outro xeito de agasallar”.Por Rafa Rodríguez.Propostas de agasallar máis alá do que o comercio,do que o consumismo está a ofertar.

– Noticias do Barrio Alto- Canido. Por Roberto Taboada.información sobre o novo estacionamento, alumeado da rúa Alegre, actividades de Nadal,…

PROGRAMA COMPLETO