Radio 065

UNHA TARDE NO MUÍÑO   

Luns 2 Decembro,  2019.  Programa 65

Comezo do programa coa sección Economía a debate que, nesta ocasión, ten como título Economía Institucionalista. Entrevista a Marina Gálvez e Esther González, alumnas da UDC Grao Moda, Proxecto ApS.  

Camiño Inglés: unha ollada obrigada ao Ferrol medieval. Entrevista  realizada a Fernando Dopico por Antonio Casal e  Rubén Labisbal, historiadores da AC Ferrolterra Antiga. Referencias aos Camiños mais tamén ao Ferrol Medieval.

O uso do teatro como ferramenta para lograr o cambio. Chus Prieto e Marisol Seoane entrevistan  a Lidia Pena Contacontos.Experiencias e publicacións sobre todo arredor do mundo das crianzas.

Unha loita necesaria. Unha ollada a realidade social das mulleres por Celia Fernández: Desenvolvemento da proposta dende o mundo laboral, político, carreiras profesionais, os “teitos de cristal”, a corresponsabilidade…

Sinerxias con Ladislau Da Regueira, Juan Sobrino e Malena Carballo. Entrevista cos tres artistas que están a expoñer en Fene .Sinerxia, colaboración dende as apostas artísticas persoais.

Colexio San Rosendo  cumpre cincuenta anos. Rafa Rodríguez entrevista a M. Carmen Del Rio( fundadora) e Mònica Espeso( Directora).Percorrido pola historia do Colexio, lembranza  do alumnado do Barrio que pasou por el, integración como proposta cerne da programación,… futuro.

Noticias do Barrio Alto- Canido por Roberto Taboada.Repaso de actividades e chamamento a participación das distintas entidades da Interbarrial co Concelleiro de Festas.

Saúdos ao novo xornal Nós Diario, referencias a indefensión das nosas costas e despedida con Nunca Máis.

PROGRAMA COMPLETO