Radio031

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 31. LUNS 3 DECEMBRO 2018.

Comezo do programa con referencias a Bertolucci e o seu cine. Música de Novechento que da pé a un pequeno debate sobre as preferencias cinematográficas da xente convidada a este programa 31.

Roberto Taboada en Noticias do Barrio Alto, fai reflexión sobre os accidentes de tráfico que se están dando nas estradas do Barrio e a necesidade de tomar  medidas.

Ferrol fronte a Gran guerra.  Historia dunha Comarca nun mundo en quebra foi o tema do Obradoiro de historia. Os compoñentes de Ferrolterra Antiga expuxeron novas aportacións e investigacións sobre este momento histórico con achegamentos as repercusións que na cidadanía tivo a Gran Guerra.

O Teatro do Muíño tivo na primeira parte a Ppablo como convidado. Ao longo dunha entrevista realizada por Paloma Pernas, Ppablo foi falando da súa biografía e do seu achegamento e querenza polo teatro, ademais das súas outras facetas artísticas .

Chus Prieto informa da axenda quincenal de actividades teatrais na Comarca.

E outra vez soa música de Novechento a xeito de despedida deste Programa 31.

PROGRAMACIÓN COMPLETA