Radio033

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA Nº 33. LUNS 17 DECEMBRO 2018

Programa especial arredor de Pedro Guimarey e a súa obra Pepa Andrea, con motivo da inauguración da Exposición sobre esta personalidade.

Comezo do programa coa audición de Balada de Outono de J.Afonso, e lembranza de Guimarey. Pase a presentar a convidadas e convidados, en representación da moita xente que fixo posible as actividades desenvolvidas pola ASC Muíño do Vento cara ao recoñecemento de P.Guimarey.

Marisol Seoane fai lectura dun comunicado da familia. Comunicado no que fan louvanza do seu querido familiar” un xove de 31 anos que foi pasado polas armas por defender de xeito pacifico os ideais nos que cría” . Amosan, tamén, o seu agradecemento a canta xente participou para que a esquecida figura  de Pedro fose hoxe recoñecida.

Rafa Aguirrebengoa salienta a necesidade de reparación de Pedro Guimarey e de cantos progresistas como el foron asasinados e deixados no esquecemento. De seguida, Rafa expón como foi o achegamento á figura de Guimarey partindo dos poucos coñecementos que había e como, pouco e pouco e traballando arreo e solidariamente, chegouse a sistematización e a programación de múltiples actividades que rematan con esta Exposición.

Os historiadores de Ferrolterra Antiga (Antonio, Manu, Rubén), fan análise do momento histórico en que vive Guimarey, dos compromiso de clase e País ,da defensa do estatuto,…e de Pedro Guimarey home do seu tempo e do seu compromiso.

Chus Prieto desenvolve a súa intervención facendo avaliación de ensaios e traballos que deron como resultado a gravación de Pepa Andrea. Audición de anacos e análise dos valores teatrais e sociais. Agradecementos e información de actividades teatrais en Ferrolterra.

A xeito de despedida soa Ergueremos a espranza , poema de Celso E. Ferreiro.

PROGRAMA COMPLETO