Radio049

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 49. LUNS 6 MAIO 2019

Logo da sintonía, comeza o programa coa entrevista a Alejandro Mene. Entrevista realizada minutos antes da entrega como gañador do Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento.

Continuidade do programa con Vivo, penso e declaro, sección na que participa Dario Barro.

Camilo Casal, no Obradoiro Medioambiental, logo de facer resumo do uso de contedores, pasa a explicar a xestión dos RSU. Expón as características de Sogama, Nostián e Barbanza chegando á conclusión das deficiencias de todas e cada unha delas, polo que ademais de teimar na idea de que non se pode continuar xerando tal cantidade de lixo como o que estamos producindo, é necesario buscar unha alternativa a estes tres sistemas de xestión dos RSU. Tema a seguir nunha vindeira sesión.

Roberto Taboada en Noticias do Barrio Alto, fai un chamamento a participación na Asemblea de Barrio do vindeiro sábado. Explica os pasos dados ata de agora na Intrabarrial para acadar un documento base que servirá de comezo aos debates do sábado. Así mesmo, informa que este documento que recolle cincuenta propostas, pode ser modificado por novas aportacións da veciñanza.

E presentación dunha nova sección, Contos nun brazado .Trátase da aportación de pequenos relatos da autoría de Antonio Yáñez. Escoitamos parcialmente O mariñeiro .

Último chanzo do programa facendo lembranza das vítimas do Nazismo.

Despedida coa marcha Garibaldi.

PROGRAMA COMPLETO