Radio030

UNHA TARDE NO MUÍÑO
PROGRAMA Nº 30. LUNS 26 NOVEMBRO 2018.

Sintonía e comezo do programa con agradecementos a cantas persoas fixeron posible chegar a este programa Nº 30.
Presentación dos convidados e pase ao Obradoiro Medioambiental no que Camilo Casal expón a natureza do gas Radon. Expón, tamén , os perigos da súa presencia nas casas e medidas a tomar neste caso.
O 25N vai ser o único motivo do guión do resto do programa. Razóns desta programación e continuación coa presentación de textos literarios relativos ao 25N da autoría de Esther Val. Lectura destes textos feito pola propia autora, ademais de Xaime Rei, Esther Estévez e Chus García. Pase a sección Vivo, penso e declaro , coa participación de Paula Calvo, presidenta de ALMAT( Asociación loita contra o maltrato). De seguida, Chus Prieto inicia o debate sobre o 25N desenvolvendo a idea de que previo ao maltrato sempre hai uns marcadores, unhas manifestacións . Debate ao que se convida a participar as xentes alí presentes, ademais de Coca Díaz, Psicóloga de Almat .
Agradecementos e despedida con Faltriqueira interpretando As sete mulheres do Minho.

PROGRAMA COMPLETO