Radio048

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 48. LUNS 22 ABRIL 2019

Empeza o programa ”Dende Canido ata Faro, Camiño da Irmandade 25 de Abril” coa Banda de música interpretando o Grandola, para dar paso ao escritor Antón Cortizas que a xeito de saúdo vai recitar o poema Dende Canido até Faro. Música de Vitorino para que Chus Prieto e Gloria Martínez Quintián, Teatro do Muíño, fagan un achegamento poético á lírica portuguesa.

Experiencias dun ferrolán no Portugal da Revolución foi o título da entrevista que os historiadores da AC Ferrolterra Antiga, fixeron a Xosé Díaz. De seguido Antonio Casal fai lembranza de Ricardo Carvalho Calero e anuncia actos na honra deste escritor.

Marisol Seoane en representación da ASC Muíño do Vento da lectura a un saúdo lembrando cumpreanos, vida da asociación, actividades, obxectivos e compromisos,.., pasado e futuro. Fai por último invitación a participar na cea conmemorativa deste cumpreanos.

Mentres soa a voz de J. Afonso, dáse paso á Inauguración radiofónica do Camiño da Irmandade 25 de Abril. Dende Canido ata Faro.

Despedida viaxando con Amelia, Havemos de ir a Viana, por este Camiño da Irmandade,

 

PROGRAMA COMPLETO