Radio038

UNHA TARDE MUÍÑO

PROGRAMA 38. LUNS 4 DE FEBREIRO DE 2019

Roberto Taboada fala do grupo de zanfona que fan actividades e colaboracións no Centro Cívico. Pasa logo a informar sobre distintos estudios que van realizarse sobre o Barrio (Hostaleira, terceira idade e memoria do Barrio …). Estes traballos van ser realizados polos alumnos en prácticas do curso de mediación comunitaria.

Historiadores de Ferrolterra Antiga expoñen no seu Obradoiro os estudios que fixeron sobre Concepción Arenal agora que estamos a un ano do douscentos do seu nacemento.

Chus Prieto  presenta a Esther Val, Carmen Rodríguez, Esther Estévez e Charo Rocha. Elas van ler textos teatrais da autoría de Esther Val.

Rafael Rodríguez en Outro mundo é posible desenvolve a idea: ”Todos somos emigrantes” participando  como convidados  Braim Bem Kassim e a Dayron ,emigrantes dende Marrocos e Cuba.

O coro Concertotempiño despide o programa cantando Ondas a babor.

PROGRAMA COMPLETO