Radio056

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 56. LUNS 16 SETEMBRO 2019

 

Programa que ten como obxectivo a presentación da programación 2019-2020.

Esta programación vai ter continuidade de todas as seccións ata de  agora emitidas, mais tamén a incorporación de novas seccións que van facer que a duración do programa pase a noventa minutos, dende as 18 horas ata as 19.30.

Joaquín Enriquez presenta a nova  sección Debates abertos en Economía, na que vai participar alumnado da UDC.

Esther Rivera presenta a nova sección Canido-Tokio, coa idea de achegar e dar a coñecer a cultura oriental, nomeadamente a xaponesa.

Celia Fernández presenta a nova sección Unha ollada Sociolóxica co obxectivo de facer análise crítico da nosa sociedade.

Camilo Casal (Obradoiro mediambiental), Marisol Seoane (Teatro no Muíño), Rafael Rodríguez (Outro mundo é posible), Antonio Casal, Manu Pita, Rubén Labisbal (Obradoiro de Historia), Roberto Taboada, José Sarachaga (Noticias do Barrio Alto-Canido), asistentes ao  programa , manifestan a idea de continuar e participar  en Unha tarde no Muíño do mesmo xeito que en anos anteriores.

Non participa no programa Rafa Aguirrebenboa, mais confirmou a súa continuidade e participación coa súa sección Outra información é posible.

Tertulia e debate arredor das propostas, coa participación de todos e todas as asistentes e despedida coa marcha de Sacco e Vanzetti.

PROGRAMA COMPLETO