Radio009

UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa Nº 9. Luns 22 xaneiro 2018.

Comeza a emisión coa sintonía e intervención de Roberto Taboada que dende a súa sección Noticias do Barrio Alto-Canido, informa arredor das novas propostas da Asociación Veciñal. Propostas sobre catalogación de casas en estado ruinoso, peticións de posible zona peonil, cambios en tráfico…

Rafa Aguirrebengoa presentou Outra información é posible. Desenvolvendo temas como o tratamento dado aos emigrantes nos centros de acollida, o xuízo a sindicalistas por defender a Sanidade Pública, a confluencia privatizadora das distintas propostas dadas dende o poder para as pensións…

Vivo, penso e declaro foi a nova sección presentada por Chelo Carballal. Repaso vital e exposición de necesidades para a mellora do barrio, do País, …do Mundo no que tocou vivir. Trámite de Solicitude e proposta de resolución a quen corresponda.

No Tema do día, estivo presente a Doutora Carmen Diego Roza, Xefa da sección de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, Insignia de ouro Ferrol 2017. Problemática do amianto nos estaleiros de Ferrol foi o tema desenvolto. Dende a practica clínica, a incidencia e número de traballadores afectados polo amianto, evolución das enfermidades, sintomatoloxía, razón da alta incidencia destas enfermidades en Ferrol, problemas da presencia do amianto actualmente… e a actuación en demanda de dereitos unha vez detectada a enfermidade.

Remate do programa escoitando o Himno dos Mineiros interpretado pola agrupación alentexana Alencanto.

PROGRAMA COMPLETO