Radio 064

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 64. LUNS 25 NOVEMBRO 2019.

Comezo do programa con referencia ao 25N para dar axiña paso á música de acordeón e presentación da representación da Asociación de Acordeóns de Cedeira  e da Asociación Buxainas. Joaquín Enriquez realiza unha entrevista con motivo dos premios acadados por estas Asociacións no Certame internacional Acordeón Days, celebrado en Praga.

Camilo Casal García no Obradoiro Mediambiental sigue a súa relatorio arredor de Cambio Climático e alimentación centrándose nas diferencias entre gandeira intensiva e extensiva e as repercusións e incidencias que cada tipo de gandeira ten no cambio climático.

Exposición de María Xosé Leira Ombros que colabora por vez primeira neste programa coa proposta As Alamedas ilustradas de Ferrol. Definición de Alameda, importancia das Alamedas en Ferrol, estado de mantemento, espallamento noutras cidades deste modelo de Alameda…E compromiso de seguir colaborando en Unha tarde no Muíño.

A continuación, Joaquín Enriquez na sección Debates abertos en Economía, entrevista a Adirana Gózalle Galando e a Andrea Fernando Cruces, alumnas do Grao de moda Proxecta Após. Economía e Feminismo foi o tema da entrevista.

Esther Rivera na sección Tokio-Ferrol charla con Mercedes e Loli  arredor das súas impresións como viaxeiras polo Xapón.

Roberto Taboada na sección Noticias do Barrio Alto-Canido, presenta as actividades a desenvolver ao longo da vindeira semana.

Juan Ares, Juanín, coordinador dos V Encontros de Audiovisuais no Muíño  fai avaliación destes. Referencias aos contidos presentados e a ilusión de achegar ao Barrio de Canido estes audiovisuais.

Despedida con música andina de Kjarkas, referencias ao 25N e condena do intervencionismo nomeadamente en Bolivia.

PROGRAMA COMPLETO