Radio 068

UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa 68. Luns 23 Decembro 2019

“O colo das palavras. Unha grainha de semente”. Por Antón Cortizas. Entrevista na que Antón expón as ideas motivadoras do Proxecto, xeito de realización, persoas colaboradoras…

“Contos nun brazado”. Por Antonio Yáñez. Nesta ocasión o autor escolmou do seu brazado o conto O esqueleto.
Obradoiro mediambiental. “Resultados da Conferencia de Madrid” Por Camilo Casal. Avaliación da Conferencia e mostras de decepción e procura de responsabilidades.

Fala pobo, fala. Enquisa realizada polas rúas de Canido para saber a opinión da veciñanza sobre a Conferencia de Madrid.

“Vivo, penso e declaro”. Por Silvia Picos Lorenzo.

 “Outra información é posible”. Por Rafa Aguirrebengoa. Exposición sobre a necesidade de afondar na democracia facendo que esta chegue a todos os momentos e lugares, nomeadamente tras das portas das empresas. Anceios dun vindeiro ano en plena democracia e sen presos políticos.

“Xapón. Especial de Ano Novo”. Por Esther Rivera. Tradición e xeito de celebrar as Festas no Xapón, nomeadamente as Festas de Ano Novo.

“Noticias do Barrio Alto-Canido”. Por Roberto Taboada.Referencias as actividades desenvolvidas e avaliación de traballo anual feito pola Asociación Veciñal. Reflexión sobre a necesidade de conxugar o traballo festivo e lúdico co traballo e reivindicación social.

Despedida coral con Lirolai cantando A miña Burriña.

PROGRAMA COMPLETO