Radio040

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 40. LUNS 25 FEBREIRO 2019

Roberto Taboada na súa sección Noticias do Barrio Alto/Canido informa da xuntanza da Intrabarrial co alcaldable Rey Varela, do novo curso de informática, do novo Encontro cos Libros e da chegada do alumnado en practicas do curso de Mediación Comunitaria. Por último, informa Roberto,  dun futuro  encontro con todos os alcaldables das vindeiras municipais.

En Polo Correo do Vento, Roberto da resposta á veciñanza da rúa Cangrexeiras.

Os historiadores de Ferrolterra Antiga dedican este Obradoiro de Historia a facer unha análise sobre o Entroido. Dende o conceptual ás distintas manifestacións que ao longo da historia vai tendo esta festa popular.

Chus Prieto presenta a Dani Corizas e a Alba Baliño, compoñentes de Teatro de Muíño e que neste programa van ler textos elaborados por Dani Cortizas. Chus Informa logo, das actividades futuras no eido teatral que se van desenvolver na comarca.

Rafa Rodríguez presenta e entrevista a Conchi Requejo, Directora do CEIP Cruceiro de Canido, para falar de Educación en xeral e máis en concreto dos proxectos deste Colexio do Barrio.

E despedida coa Alborada de Rosalía como chamamento ao 8M.

PROGRAMA COMPLETO