Radio 074

UNHA TARDE NO MUÍÑO 74

PROGRAMA 74. Luns 10 febreiro 2020

– Angeles Alvariño, oceanógrafa ferrolá. Por María Xosé Leira. Exposición da biografía, desde o nacemento en Serantes até o pasamento en California. Achegamento ao curriculum arredor das investigación oceanográficas, viaxes marítimas, relación internacionais…

– Unha ollada sociolóxica. Celia Fernández entrevista a Carlos Sirera.  A Teoría da “Modernización“. Nacemento e autores influentes. Evolución Definición de concepto e evolución deste. A tecnocracia sustitutoria. As chamada Ditaduras necesarias. Razóns da pervivencia da Teoría da Modernización.,,

– Comunicando co alén. A corrente espiritista na cidade de Ferrol. Por Historiadores da AC Ferrolterra Antiga. Relato da relación entre o Ferrol Racionalista e as correntes Espiritistas que se deron na cidade.

–  Lembrando a Castelao. Por Esther Estévez, Dalia Abella, Marisol Seoane, do Teatro do Muíño. Biografía de A,Daniel R.Castelao e dramatización dun anaco da súa Os vellos non deben namorarse. Audición de Lela.

–  Outro mundo é posible. Máis que amor. Rafa Rodríguez entrevista a Marta e Mela Sixto, colaboradoras de Manaia, Asociación galega de adopción e acollemento.Información sobre a Asociación Manaia e relato das vivencias de unhas familias con nenos adoptados.

– Información sobre as actividade O fado. Mitos e ritos, a celebrar venres e sábado e despedida con Katia Guerreiro.

PROGRAMA COMPLETO