RADIO 071

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 71. LUNS 20 XANEIRO 2020

Presentación de convidadas e convidados e música para comezar.

Joaquín Enríquez entrevista ao dúo Caamaño-Ameixeiras. Antía Ameixeiras, violinista, foi compoñente de Luar na Lubre. Sabela Caamaño, acordeonista, é profesora no Conservatorio da Coruña. Percorrido pola vida deste dúo e análise da situación actual da nosa música tradicional.

Cambio climático. Despois da Cimeira de Madrid.. Por Camilo Casal (Obradoiro de mediambiente). Análise do pasado e denuncia contundente do negacionismo .

Outra información é posible. Por Rafa Aguirrebengoa. Defensa da Sanidade Pública e exposición de argumentario que amosa os intentos privatizadores. Chamamento a participación nas mobilizacións en defensa da Sanidade Pública.

Camiño Kumano. Por Esther Rivera( Conexión Tokio- Ferrol). Información sobre o Camiño Kumano, xeito de participar e paralelismo entre o Camiño de Santiago e o Camiño Kumano. O” Dúal Pilgrim”

Entrevista a Carmen Diego, Xefa Neumoloxía no Arquitecto Marcide.Pequena referencia biográfica, curriculum e información centrada,nunha primeira parte, na problemática actual da asbestose,incidencia en Ferrol,medidas sanitarias  a seguir tomando, recoñecementos sanitarios e legais. Reflexións, nunha segunda parte,sobre a situación da Sanidade Pública.

Noticias do Barrio Alto- Canido . Por Roberto Taboada. Posicionamento de defensa da Sanidade Pública  e informacións sobre estacionamento, cercado de parcela arredor do Centro Cívico…

Cumprimentos a canta xente fixo posible o programa e despedida atendendo petición de volver a escoitar O Kaimos por Kosiras.

PROGRAMA COMPLETO