Radio058

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 58.LUNS 30 SETEMBRO 2019

 

Joaquín Enríquez na súa sección Debates abertos en Economía, entrevista ao profesor Félix Puime Guillén.Entrevista que xira arredor dos principios básicos de Economía.

Camilo Casal participa no programa engadindo nova información sobre Desperdicio alimentario. Canta comida se tira no mundo?. Cales son os produtos máis desperdiciados’. Como debemos conservar os nosos alimentos’…

Rafa Aguirrebengoa en Outra información é posible comeza desenvolvendo información sobre datos que xustifican medidas urxentes para cambiar posturas diante do cambio climático. E logo pasa as novas teorías sobre o chamado Decrecemento.

Lucinio Medel, investigador musical na sección Musica sen farelos, fai un percorrido pola biografía e obra do músico Xan Vianho laiándose da curta vida deste prometedor artista da vangarda musical galega.

Esther Rivera da outra volta ao mundo na súa sección Tokio-Ferrol. Achega información sobre O Xapón describindo un País de grandes contrastes entre unha forte tradición e un País en permanente cambio.Fai tamén referencia a visión que dende os medios de comunicación occidentais estamos a recibir deste País.

Roberto Taboada informa sobre novas ofertas na programación da Asociación Veciñal e pasa  logo a informar do programa Ao son das Letras  que vai ter lugar o vindeiro fin de semana.

Comentario sobre a matanza de campesiños agfanos por un dron americano e a impunidade  desta matanza.

Despedida con Enguenhos da dor.

PROGRAMA COMPLETO