Radio051

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 51. LUNS 20 MAIO 2019

Empezo do programa con lembranza a Ana Álvarez, falecida recentemente. Ana tiña participado en Unha tarde no Muíño como representante de HOSCOMPRO.

Camilo Casal , no Obradoiro medioambiental, dedica unha última sesión aos RSU. Volve expor a necesidade dunha nova vía ao tratamento destes RSU.

Patricia Pérez Varela participa  en Vivo, penso e declaro.

Rafa Aguirrebengoa na sección Outra información é posible, fai un monográfico dedicado á Renda Básica. Aínda sendo un tema que xera moito debate e publicacións, Rafa fai unha clara defensa da necesidade da implantación desta Renda Básica.

Na sección Noticias do Barrio Alto, Roberto Taboada, de novo,  lémbrase de Ana Álvarez, o seu triste pasamento e a suspensións de algunhas actividades na súa memoria. Anuncio da presentación do libro de Andre Cerdido.

Breve tertulia e despedida do programa 51.

PROGRAMA COMPLETO