Radio061

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 61. LUNS 28 OUTUBRO 2019

 

Comezo do programa coa intervención de Roberto Taboada que fai referencia a actividades realizadas durante a pasada semana.Tamén avance de programación. Pasa logo Roberto a facer referencia a vindeiras xuntanzas con cada un dos Concelleiros e Concelleiras. A primeira xuntanza vai ser co Concelleiro de Cultura. Comentario sobre necesidade de mellorar a mobilidade entre Canido e o Centro.

Joaquín Enríquez presenta a representación que a Universidade envía a Unha tarde no Muíño para desenvolver os programas APs, a Profesora Laura Varela  Candamio e aos alumnos Javier, Elena e Aurora. Pasa Joaquín a entrevistar ao alumnado sobre o tema  Consumo responsable e consumo verde. Concordancia nos entrevistados tanto nas definicións e análises como na necesidade de realizacións alternativas que paren o deterioro medioambiental.

 Celia Fernández na sección Unha ollada sociolóxica entrevista a CarlosM. Abella. Análise sociolóxico das campañas electorais nomeadamente en México. Continuación da entrevista cun estudio aproximativo das eleccións do 10-N. Reflexión sobre a fiabilidade das enquisas electorais e posible participación nas vindeiras eleccións.

Marisol Seoane fai  unha emotiva lembranza do Profesor  Xosé Leira que finou hai uns días. Incorpórase a sección Charo Rocha .Pasan as dúas representantes de Teatro do Muíño a presentar Historia da muller no mundo do teatro.Referencias a distintas mulleres do teatro entre elas María Balteira.

O fado O Homem das castanhas serve de anuncio do tema a desenvolver por Antonio Casal e Rubén Labisbal,Historiadores de Ferrolterra Antiga ,O Magosto. Análise do magosto dende distintos aspectos e distintos autores. Antropoloxía, Antón Fraguas,…

Rafa Rodríguez na súa sección Outro mundo é posible presenta a Dulce e Queco traballadora social e integrador na Asociación Dignidad. Historia, feitos mestres , obxectivos actuais e futuros, localizacións e enderezos, necesidades…da Asociación Dignidad.

Despedida con María del Mar Bonet e Quilapayun interpretando Que  volem aquesta gent.

PROGRAMA COMPLETO