Radio053

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 53. LUNS 10 XUÑO 2019

 

Comeza o programa coa  sección Noticias do Barrio Alto/ Canido. Informa José Martín Sarachaga da concesión a Canido do Premio ao mellor Barrio de Galicia. O vindeiro mércores haberá un acto na Praza do Cruceiro no que, ademais da veciñanza estarán presentes representantes da TVG, organizadora do concurso.  Informa, tamén, José Martín das futuras actividades arredor da Festa de San Xoán.

Ladislau Da Regueira participa en Vivo, penso e declaro.

No Obradoiro de medioambiente, Camilo Casal expón a proposta Non ao desperdicio dos alimentos. Comer si, tirar non. Desenvolve a súa proposta arredor da idea da perda innecesario de alimentos, xa dende a produción e ata o consumo. Análise do comportamento das grandes produtoras máis tamén do comportamento individual mercando, na casa, nos restaurantes…Remate con consellos para tentar de minimizar este desperdicio .

Rafa Aguirrebengoa en Outra información é posible propón como cerne da súa intervención A criminalización da solidariedade. Enlaza esta idea co debate político actual e opcional por un goberno progresista que resolva o desmantelamento do Estado social con propostas políticas reequilibradoras .

A música de Theodorakis como remate do programa 53.

PROGRAMA COMPLETO