Radio020

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA Nº 20 . LUNS 17 SETEMBRO 2018.

Comezo do programa coa información de Roberto Taboada relativa á posta en marcha do Comedor sénior. Pasa logo a informar sobre a Xornada de mobilidade a celebrar o vindeiro domingo 24.

Rafa Rodríguez desenvolve Outra Información é posible partindo de información local para logo expor temática de ámbito cidadán, galego, estatal e ata mundial.

Martín Otero, dende a súa mocidade expón Vivo, penso e declaro, facendo unha grande defensa da música, paixón da súa vida.

Olga Romasanta presentou de xeito ameno e científico o percorrido Ferrol Rebelde. Neste percorrido realizou Olga paradas en lugares de Ferrol onde persoas e colectivos deixaron pegadas na loita rebelde na procura dun mundo máis xusto.

Despedida, agradecementos e Camiñar, camiñar.

PROGRAMA COMPLETO