Radio 075

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 76. LUNS 24 FEBREIRO 2019

– Contos nun brazado. “A pita”. Por Antonio Yáñez. Lectura dramatizada feita polo autor.
– Conversas con Rosalía. Por Chus García, Ana Campo e Marisol Seoane do Teatro do Muíño. Conmemoración do Aniversario de Rosalía     achegándonos a unha Rosalía rebelde, dende a súa posición vital ata a súa relación co teatro e co País.
– De Faro a Compostela. Un ferrolán en bicicleta na compaña da soidade. Entrevista a Manuel Rodríguez. Motivación da viaxe, percorrido,   dificultades, relación coas xentes, consideracións finais.
– Asedio a Caracas. Por Celia Fernández en Unha ollada sociolóxica. Venezuela dentro da Operación Condor,o intervencionismo desde Trump, papel   dos mass media con respecto a crise venezolana, posicionamento da ONU e a Comunidade Internacional…
– O Entroido galego. Conversa con Federico Cocho. Por historiadores da AC Ferrolterra Antiga. O Entroido e a súa función,tipos de Entroidos, o   Entroido hoxe,…
– Aprendizaxe, servizo, metodoloxía ao servizo da Sociedade. Experiencia na Facultade de Economía da UdC. Rafa Rodríguez en Outro mundo é   posible entrevista á profesora Begoña Álvarez , ao profesor  Joaquín Enriquez e á alumna Raquel González. Exposición de experiencias de   achegamento da UdC á Sociedade.
– Noticias do Barrio Alto- Canido. Por Roberto Taboada. Informe da última Intrabarrial. Comentarios sobre os orzamentos municipais e a súa   incidencia en Canido.

Despedida con Sostakovich e o seu vals nº2.

PROGRAMA COMPLETO