Radio047

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 47 . LUNS 15 ABRIL 2017

Programa especial dedicado aos nosos Coros Infantís e Xuvenís . Comezo do programa coa presentación dos representantes dos cinco Coros que van participar. Rocío Ramos Pérez( Concerto Tempiño), Marcos Amado Anca (Coro Peque Solidarium), Iria Naveiras ( Coro Solidarium), Andrea Uceira Jiménez ( Peque Coro) Matías Mariella Villarino ( Peque Coro Increcendo).

Rafa Rodríguez na súa sección Outro mundo é posible, antes de comezar a entrevista a estes representantes, reflexiona sobre a necesidade de achegar a nenos e nenas ao goce da Arte, nomeadamente da Música.

E paso a entrevista que vai xirar arredor da vida dos Coros, achegamento, participación, coidado da voz, gustos musicais, proxectos , número de participantes, …Polo medio da entrevista soaron cinco temas musicais , un por cada Coro, escolmados polas Direccións . Aplausos e paso as seguintes sección.

Roberto Taboada fai avaliación das actividades do fin de semana, subliñando o Mercado popular e a viveza das distintas Entidades que encheron de vida as rúas do Barrio. Referencias ao Proxecto Canido 20-30  e á súa presentación á Asemblea de Barrio. Presentación dos vindeiros Maios.

Rafa Aguirrebengoa na súa sección Outra información  é posible fai unha lembranza autobiográfica  é logo presenta a Semana da Paixón  e Semana de Reflexión .Semana da Paixón e a súa relación cos mercaderes instalados no templo. O pensamento fraccionado, ou a aplicación parcial e interesada das ideas. O mercantilismo como referencia na chamada Semana Santa . Semana de Reflexión para ver crispación, o mandamento uniformador e belixerante contra as minorías, o alcume de antidemócratas aqueles que non queren entrar no discurso uniformador…Reflexión da Arte como vía de formación e liberación.

E despedidas cos Nenos do Conservatorio Giussepe Verdi de Turín e a Orquestra de Budapest interpretando Con te partiro.

PROGRAMA COMPLETO