Radio036

UNHA TARDE NO MUÍÑO

PROGRAMA 36. LUNS 21 XANEIRO 2019

Música angolana para comezar o programa e presentar aos convidados.

Roberto Taboada, en Noticias do Barrio Alto/ Canido, informa sobre o xeito de cumprimentar a enquisa de mobilidade, da Carreira dos medios, dun muestreo de necesidades do barrio e do novo aparcadoiro da Rúa Alegre.

Os Historiadores de Ferrolterra Antiga traen ao programa a proposta  27 de Xaneiro, un día para a lembranza. Lembranza das vítimas do Holocausto e lembranza de Amada García.

Chus Prieto trae como convidado a Luís García Ramos, ao que presenta como “ señor con máis de trinta anos dedicado ao teatro, fundador da Escola  de Teatro de Narón, Actor, Director, promotor, …  ata hoxe que está no proxecto Celeuma.

A enquisa feita sobre o prezo da luz da paso ao Obradoiro Medioambiental no que Camilo Casal desenvolve información sobre o funcionamento do mercado eléctrico español e a súa evolución.

E como remate presentación das “Amigas de Canido” co súa canción Fun onte a Canido.

 

PROGRAMA COMPLETO