Magosto 2012

O pasado 23 de novembro festexamos nos locais da SDR Canido o Magosto.

  “A miña María,

  O meu Manuel,

  Castañas asadas,

  Pucheiros de mel.”

ESCOLA DE BAILE MARIO ESCUDERO e a AGRUPACIÓN DONAS E GALÁNS.

Local ateigado de vecindade, de bulideiros pais e nais á espera das actuacións. Namentres, o fumear e arrecendo das castañas. Axeitado ambiente e escenario onde os nenos e  nenas cantaron e danzaron segundo a tradición, e afincando un futuro  con raíces na Terra. Parabéns a eles e a ALBA, a súa directora.

En días coma estes da mal chamada globalización, dá xenio e ilusiona ver xentes organizadas que seguen na  loita e na defensa de festas colectivas como o Magosto nas que a xente goza de danzas e cantos tradicionais de gran fermosura que o pobo traballador galego foi criando para o seu divertimento e que chegaron ata nós, escolmadas no paso do tempo, xerazón tras xerazón.

Garanten os nenos e nenas da Escola de Baile Mario Escudero un futuro do noso folclore sen imposicións alleas ao País cara á normalización da nosa música, da nosa lingua, de Nós. Deste xeito dende Muíño do Vento–Canido sempre estaremos dispostos a axudar, se fose o caso, ás organizacións coma a Escola de Baile Mario Escudero, Donas e Galáns e cantas outras están na defensa e posta en valor da nosa cultura. Que siga a música e a danza!!

Premer para ver todas as colaboracións.

img 8464
img 8467 img 8469

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *