PRESENTACIÓN DA NOVA REVISTA DA NOSA REVISTA «OS CADERNOS DE MUÍÑO»
PRESENTACIÓN DA NOVA REVISTA DA NOSA REVISTA «OS CADERNOS DE MUÍÑO»
Este pasado 23 de xuño de 2025 ás 18.00 h presentouse no Centro Cívido de Canido a nova revista da Asociación Sociocultural Muíño do Vento, que sairá cunha periodiciade semestral e está aberta en canto contido a colaboración dos/as muiñeiros e muiñeiras, así como doutros colaboradores que queiran dar a coñecer o seus traballos e que poidan resultar de interese.
Neste primeiro número vemos un extenso artigo coa descrición das 30 plantas ou herbas propias da festividade de San Xoán e tamén conta coa colaboración de Manuela Santalla que nos falará das evidencias históricas do Muíño do Vento en Canido (infografía que protagoniza a nosa portada). Ademais Rafael Aguirrebengoa volve ao século XVI, para falar da viaxe por Galicia de Cossimo III de Medici e Margherita Luisa d´Orleans en 1669.
A revista nace coa idea de dar cabadida a traballos de toda índole, tanto de carácter social, coma histórico, literarios ou relacionados co mundo natural e cultura da nosa contorna. Outro dos obxectivos é dar pulo a nosa cultura e lingua propias. Pero tamén teràn cabida outros traballos que poidan ser interesantes para difundir e poñer a disposición da veciñanza.
Todos os socios e socias de Muíño do Vento poden solicitar o seu exempla de balde.