PALESTRA “A RÍA DE FERROL, CLAVES PARA ENTENDER O PRESENTE E PENSAR O FUTURO»

PALESTRA “A RÍA DE FERROL, CLAVES PARA ENTENDER O PRESENTE E PENSAR O FUTURO»

Organizada por Muíño do Vento coa colaboración da AV Canido, a palestra celebrada o 26 de xuño no Centro Cívico canido, contou coa presenza de Guillermo Díaz Agras, xefe da estación de bioloxía mariña de A Graña, que é unha instalación da Universidade de Santiago de Compostela.
Presentado por Guillermo Castro, o acto xirou en torno á exposición por parte de Díaz Agras de 4 factores que contribuíron a que se chegasen a perder 3000 especies mariñas e a captura de ameixa baixase de 650 a 28 tn.
Os factores físicos os causan principalmente as grandes construccións como o mal chamado porto exterior ou a ponte de As Pías, que modifican o fluxo de augas e cambian a natureza do sedimento, pero tamén o feito de que a ría de Ferrol está urbanizada nun 90%.  A contaminación química e biolóxica é o segundo factor e ten a súa orixe na actividade industrial e na insuficiente efectividade da depuración, esta contaminación causa o característico mal olor en A Malata ou San Valentín cando baixa a marea. O terceiro aspecto é a sobrepesca, causado por cofradías compostas por familias sen tradición pesqueira ou marisqueira e por tanto con visións curtopracistas da xestión dos recursos, E a cuarta cuestión é o cambio climático, que trae novas especies ou alonxa outras debido aps cambios na temperatura e salinidade das augas, ademais de interferir nos procesos biolóxicos.
Ante esta situación Díaz Agras propón accións como a captura e dispoñibilidade de datos, para poder tomar boas decisións (por exemplo para capturar o marisco nos periodos propicios), propòn a restauración de habitats quitando estruturas, a creación de reservas (a creación dun santuario de percebe espallaría larvas de percebe por esta e outras zonas), e, en todo caso, adaptar a economía á situación, buscando o beneficio ambiental e social, por exemplo explotando o cultivo de algas ou a ameixa xapónica.
O acto prolongouse cun interesante coloquio coa participación case completa das persoas que encheron a biblioteca do Centro Cívico, e onde saíron “á palestra” temas que darían para moito como as decisións políticas da Xunta de Galicia, a similitude con outras cuestións como a xestión forestal, a eólica mariña, as visións das cofradías, o contexto político aportado polo ex-alcalde Vicente Irisarri… en definitiva, moitos temas ao redor da idea de coidar as nosas augas “de proximidade”.

PDF EXPOSICIÓN

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *