PRESENTACIÓN DA NOVA REVISTA «OS CADERNOS DE MUÍÑO»

PRESENTACIÓN DA NOVA REVISTA DA NOSA REVISTA «OS CADERNOS DE MUÍÑO»

Este pasado 23 de xuño de 2025  ás 18.00 h presentouse no Centro Cívido de Canido a nova revista da Asociación Sociocultural Muíño do Vento, que sairá cunha periodiciade semestral e está aberta en canto contido a colaboración dos/as muiñeiros e muiñeiras, así como doutros colaboradores que queiran dar a coñecer o seus traballos e que poidan resultar de interese.

Neste primeiro número vemos un extenso artigo coa descrición das 30 plantas ou herbas propias da festividade de San Xoán e tamén conta coa colaboración de Manuela Santalla que nos falará das evidencias históricas do Muíño do Vento en Canido (infografía que protagoniza a nosa portada). Ademais Rafael Aguirrebengoa  volve ao século XVI, para falar da viaxe por Galicia de Cossimo III de Medici e Margherita Luisa d´Orleans en 1669.

A revista nace coa idea de dar cabadida a traballos de toda índole, tanto de carácter social, coma histórico, literarios ou  relacionados co mundo natural e cultura da nosa contorna. Outro dos obxectivos é dar pulo a nosa cultura e lingua propias. Pero tamén teràn cabida outros traballos que poidan ser interesantes para difundir e poñer a disposición da veciñanza.

Todos os socios e socias de Muíño do Vento poden solicitar o seu exempla de balde.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *