Conferencia de Xosé Mª Dobarro: «O Xornalismo Galego»

O día 10 de novembro, tivo lugar esta interesante conferencia, que foi presentada polo periodista Germán Castro.

A Prensa periódica en Galicia tivo unha importancia extraordinaria no proceso de recuperación e afirmación da dignidade colectiva iniciado a mediados do século XIX por aqueles galegos e galegas que hoxe coñecemos como precursores. A falta doutros medios de incidencia social, estes intelectuais utilizaron como tribuna órganos de expresión nados á calor de tertulias, sociedades culturais ou -xa máis tarde- organizacións políticas que proclamaron, defenderon e reinvindicaron os valores de Galicia. Un deles, por certo nada menor, o da creación literaria.

A tarefa non foi doada, xa que a toda a precariedade da súa creación e mantemento (escaseza de suscricións, público limitado, falta de apoio continuado…) hai que lle engadir a represión, manifesta en forma de censura, peches por orde gubernativa…, da que foi obxecto a prensa.

Títulos como Semanario instructivo (1938), El Iris del bello-sexo/El iris de Galicia (1941), El Idólatra de Galicia (1841), El Recreo Compostelado (1842), La Situación de Galicia(1842), El Centinela de Galicia (1943), El Porvenir (1845), La Aurora de Galicia (1845), La Oliva (1856), El Defensor de Galicia (1856), El Miño (1857)…, ademais de ir abrindo e cimentando espazos para novas publicacións, contribuíron decisivamente á conformación dun pensamento galeguista defensor da unidade idiomática, cultural, social e política de Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *