II Encontro Audiovisuais no Muíño (2016)
O pasado xoves, 24 de novembro, no Centro Cívico de Canido, tivo lugar o II Encontro Audiovisuais no Muíño.
Juanín Ares Gondell, muiñeiro e coordinador deste encontro, foi o encargado de presentar o acto ante un público que encheu o salón de actos.
Proxectáronse seis curtametraxes, Ascender de becario, de Adrián Pérez Ferro; Niños de Luz, de Darío Autrán; As Muxicas, de Alberto Alonso; A nena que tiña unha soa orella, de Rubén Coca; A bizcochada, de Carlos Quirós e Aproximación a Canido, de Juanín Ares Gondell.
A curtametraxe Aproximación a Canido é un achegamento ao pasado recente do barrio de Canido, dende a memoria viva da veciñanza, tomando como referencia espazos e edificios que o conformaron. Cunha duración de 21 minutos, foi realizado por Juanín Ares Gondell e editada por Muíño do Vento.
A boa acollida de cada un dos audiovisuais que amosou o público asistente e que referendou cos seus longos aplausos, danos azos para ir organizando o III Encontro Audiovisuais no Muíño.