III Premio «Muíño do Vento» de Textos de Contraportada
A Asociación Sociocultural Muíño do Vento convoca anualmente o Premio de Textos de Contraportada.
O obxectivo do certame, ademais de promover a calidade dos textos que acompañan os libros nas contraportadas e lapelas, é dar a coñecer a nosa Literatura Infantil e Xuvenil entre os lectores novos.